POEMA Nº 1
A voz era pánico
e desexaba, insistía, ter hábito(s) no poema
.........................
pero non todo pode ser transportado (non a voz, desde logo)
si o espírito que invade ao bardo, entre as uces irtas
e porque chove, os habitantes do poema teñen que abrir os seus paraugas // sacan o que levan dentro e búscanlle acomodo fóra
[só porque ti pousas a mirada no texto podo comezar coas solucións]
isto é o que consegue Cabaleiro Amábel, facer que seres alienados se presenten ante o mundo, e moi ao seu pesar, como persoas ceibes
pero só a voz empasta as tres historias
a voz que a escritura non acubilla
así pois, un poeta é un ser ancián.
Máis que entrar o mundo dentro do poema
botar por fóra a escritura, como unha lava lene e transparente, muselina
tanto ceo
tanta primavera
ves, isto é un acto político: torcerlles a vontade aos que obedecen
pero falta o contexto.
E que dicir dos soportes!, cando xa o papel non atura e só é concibíbel unha parede e a proxección de letras dixitais (seguramente nun museo ou nos paneis da autoestrada) ou esas mesmas frases envolvendo como cintas luminosas os corpos dos viandantes que dialogan sobre o voar das aves ou os bucles dos miñatos que se mimetizan coas árbores cando estenden as ás coma un niño
a teoría é esa violencia ética do intanxíbel
e está o problema do eu, cantos? e das situacións
prefiro o meu pánico a entrar nas librerías, excluíndote a ti, que me abandonas en calquera lugar, sen cartos, ou dentro do coche sen freo de man. Visitamos unha cidade para lembrar os edificios das cidades
os soños non son teoría, e agora temos que quedar aquí porque ti non queres espertar, neste palacete de urbanización privada, con outros moitos e moitas da nosa condición. Esta noite os nosos asasinos están bébedos ou pechados no váter
dunha vez para sempre nada hermético, nin críptico (que nunca nosoutros escribimos) e pono xa en órbita, con todos os nosos espléndidos matos e carqueixas.
E fíxate como se torna doce a verdade, cando descalza te mantés, ingrávida? na placenta dos amieiros
**
as sinapses volven, a inquietante floración de abril
que velocidade!
ResponderExcluirun bico
chus
Chus, bem-vinda à Pele de Lontra! Sim, não resisti e publiquei teu poema em meu blog, antecipando o que sairá na edição de agosto da Zunái... tua poesia tem voz singular, originalíssima, espero que muito em breve você possa vir ao Brasil... o abraço do
ResponderExcluirClaudio